Saltar ao contido

Belén Riveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBelén Riveiro
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Cerdedo-Cotobade, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (2012–) Editar o valor en Wikidata

LinkedIn: belen-riveiro-60125931 Dialnet: 3926960 Editar o valor en Wikidata

Belen Riveiro Rodríguez, nada en Cerdedo-Cotobade en 1983, é unha profesora e investigadora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É Doutora pola Universidade de Vigo (2011). Ten realizado estadías no Institut for Applied Photogrammetry and Geoinformatics (Alemaña), na New Mexico State University (USA), en 2011 acadou praza de Lecturer no Departamento de Enceñería Civil da Newcastle University (Reino Unido). E estadías de investigación posdoutoral en Delft University of Technology (Holanda), University of Cambridge (Reino Unido) e na Universidade do Minho (Portugal).[1]

É profesora da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo desde 2012, titular e acreditada a catedrática desde 2021, no departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción, área de Área de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas.[2] É Investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, o Centro de investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da mesma universidade.[3] Ten traballado na aplicación das xeotecnoloxías á monitorización e inspección da condición estrutural das infraestruturas, así como no desenvolvemento de novos métodos de avaliación estrutural mediante o uso de intelixencia artificial.

En 2017 a Real Academia de Ingeniería outorgoulle a Medalla Juan López Peñalver. En 2022 foi a gañadora da primeira edición dos "Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes" (galardóns convocados polo Ministerio de Ciencia e Innovación para distinguir o mérito de investigadoras e investigadores menores de 40 anos que estean desenvolvendo un labor relevante recoñecido internacionalmente) na categoría de enxeñaría e arquitectura, Premio Nacional Matilde Ucelay. Segundo o xurado foi recoñecida "pola orixinalidade e impacto das súas investigacións, que radican na combinación de diferentes disciplinas para dar solución a retos actuais da enxeñaría estrutural".[3] O financiamento do proxecto procede dunha das Bolsas Leonardo a Investigadores Novos e Creadores Culturais 2021 da Fundación BBVA para desenvolver unha liña de investigación no uso da intelixencia artificial para diagnóstico estrutural e anticipación de colapso de pontes en servizo.[4]

É coautora de 51 artigos publicados en revistas internacionais indexadas no Journal Citation Reports (JCR). Coautora de 7 patentes, 4 delas en explotación.[5]

  • Manual práctico de modelado 3D mediante escáner láser terrestre (2011). Reprogalicia. ISBN 978-84-936762-7-8.
  • Manual práctico de aplicaciones fotogramétricas en ingeniería civil y artquitectura (2011). Reprogalicia. ISBN 978-84-936762-8-5.
  • Non-Destructive Techniques for the Evaluation of Structures and Infrastructure: 11 (Structures and Infrastructures) (2016). Editorial CRC Press. Con Mercedes Solla. 444 páxs. ISBN 978-1138028104.
  1. "Riveiro Rodríguez, Belén". Escola de Enxeñaría Forestal. Consultado o 2022-10-08. 
  2. "Belén Riveiro Rodríguez Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2022-10-08. 
  3. 3,0 3,1 Pontevedra, Diario de (2022-10-07). "Belén Riveiro, de Cerdedo-Cotobade, Premio Nacional de Investigación para Xóvenes". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-10-08. 
  4. "Belén Riveiro: «Hay que apostar por la ciencia, sin complejos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-10-07. Consultado o 2022-10-08. 
  5. "BELEN RIVEIRO RODRIGUEZ Buscador de I+D+i". bidi.uvigo.gal. Consultado o 2022-10-08. [Ligazón morta]